Thursday 25 de April de 2024

O Centro Cívico Social do Alto acollerá este venres unha nova conferencia do programa municipal de Prevención da depresión e mellora da saúde mental


O Centro Cívico Social do Alto acollerá este venres, día 10, pola tarde, ás 19.30 horas, unha nova conferencia do ciclo “A saúde mental é cousa de todos e todas”. A matrona e cofundadora do grupo de lactancia BBTTA, Isaura González e a psicóloga especializada en saúde mental perinatal Pilar Carballeira falarán sobre “Saúde mental na maternidade/paternidade” no marco deste programa municipal de Prevención da depresión e mellora da saúde mental.

Este mesmo mes programouse unha nova conferencia que terá lugar o día 25 ás 11.00 horas no Centro Cívico Social do Alto. Nesa ocasión, a dietista e nutricionista experta en nutrición clínica Almudena López e a psiconeuroinmunóloga e nutricionista deportiva Esther Otero falarán sobre “Que ten que ver a comida coa saúde mental?”.

Dende o Concello recordouse que se trata dunhas conferencias abertas á asistencia da cidadanía en xeral –ata completar a capacidade da sala- e animouse á veciñanza a asistir para “coñecer, da man de profesionais en diferentes áreas, unha serie de medidas que inflúen na nosa saúde mental e algunhas ferramentas coas que poder identificar e tratar de previr este tipo de enfermidades”.